Para solicitar a beca para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023-24, conforme á Resolución de 20/04/2023 tedes que:
-Cubrir a convocatoria vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación
-Presentar no centro eductivo a solicitude cuberta ata o 20 de setembro inclusive.
Dentro da solicitude:
-É necesario autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) para facilitar ós datos económicos ás administracións educativas (folla 1 ou 2 normalmente).
-Na folla de firma da solicitude, deben asinar todos/as os membros maiores de idade da unidade familiar por parte da nai/pai/titor/a legal (folla 1 ou 2 normalmente).
-Elixir, un gabinete e/ou centro de reeducación pedagóxica ou da linguaxe.
Acreditar a seguinte documentación:
-Fotocopias dos DNI das persoas que figuran na solicitude.
-Certificado da conta bancaria na que conste como titular ou cotitular o propio benificiario/a da bolsa.
-Fotocopia que acredite título de familia numerosa (en caso de ser familia numerosa).
-Certificado de discapacidade igual ou superior ó 33% (obrigatorio para persoas con discapacidade).
-Certificado da declaración da renda e certificado de catastro indicando bens inmobles propiedade da unidade familiar.
-Certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos (obrigatorio para solicitantes con TEA).
-Acreditación de pertenencia a familia monoparental (en su caso).
Por parte do gabinete elixido e ó que acudirá:
-Debe realizarse unha memoria expedida polo centro reeducador na que conste información detallada das características do mesmo, incluíndo número de horas semanais e especialista que o presta, así como o coste mensual como mínimo. Así mesmo pódese incluir obxectivos, actividades e materiais que se empregarán para cubrir as necesidades. Como máximo, pódese considerar, o coste durante os 10 meses do curso escolar.
-Cumprimentar o apartado D (folla 7) da beca.
Dende o centro educativo:
-O Departamento de Orientación, en concreto a Orientadora, cubrirá o apartado B (folla 5) da beca e emitirá un informe específico no que se detalle a asistencia educativa e as horas semanais que se consideren necesarias para a súa corrección, así como as prestadas polo colexio, a duración da mesma e as condicións que garantan a súa prestación.
-O centro marcará o tipo de axudas que propón. En concreto cubre o apartado A (folla 3, 4) e envía as mesmas.