Seguro que algunha vez se che ocorreu algunha idea para que o mundo fose mellor.
O día 22 de abril é un día importante no que se festexa o día Internacional da Nai Terra pero este día deberían ser todos, non cres?
Como sabedes a Terra nos pide sempre axuda. Os incendios, a contaminación, as especies invasoras, unha pandemia,...
Os cambios que se producen no medio natural fan que a Terra nos envíe sinais de axuda. De nós depende o futuro. Estás disposto/a a melloralo? Pensa, estamos realmente coidando o planeta Terra?
A actividade voluntaria proposta consiste en facer un debuxo con texto onde poñades ideas para mellorar o mundo. Cantas máis propoñades máis posibles solucións estaredes intetando atopar para o futuro.
E pensa que...a Terra ten música para quen a sabe escoitar.
LEMBRA: Se te animas a participar podes enviar fotos dos teu debuxo coas ideas que se che ocorran para mellorar o mundo ó correo que aparece arriba á dereita e/ou senon a través do teu titor/a. Como vos sexa máis fácil! No vídeo van algunhas ideas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario