Este 2 de maio será o Día Internacional Contra o Bullying ou o Acoso Escola. É importante saber qué significa e a importancia deste día para concienciar sobre o risco do acoso escolar e dos métodos posibles para evitalo.
O que propoño é que escoites a presentación preparada con audioexplicación e logo que vexas algún vídeo dentro do symbaloo relacionado co acoso e ciberacoso para pasar a acción.
O que propoño é que escoites a presentación preparada con audioexplicación e logo que vexas algún vídeo dentro do symbaloo relacionado co acoso e ciberacoso para pasar a acción.
A actividade voluntaria que deberás facer, será deseñar un cartel en contra do acoso escolar e ciberacoso. Serás quen de parar isto? Para elo tes que pensar nun eslogan (frase breve e fácil de lembrar) que irá en letras grandes e logo terás que pór as formas de combater o acoso escolar. Abaixo tes algúns audiocarteis que idearon xa algúns alumnos/as no seu momento.
E pensa sempre en...comprensión e respecto, iso é o importante para convivir cos demais, e sobre todo, sabes qué? non crer que un é mellor ningún (viñeta de Quino).
LEMBRA: Se te animas a participar podes enviar fotos do teu cartel contra o acoso escolar e ciberacoso ó correo que aparece arriba á dereita e/ou senon a través do teu titor/a. Como vos sexa máis fácil!
Podes ver e escoitar esta presentación onde explico que é iso do acoso escolar e ciberacoso?
Tamén localicei algunhas curtametraxes, películas, cancións, guías,... que poden axudar a que entendamos mellor que pasa cando se sofre acoso escolar e/ou ciberacoso*.
*Importante: Para empregar este symbaloo debes ter en conta este código de cores que indica para quen está destinado.
E a continuación tes algúns audiocarteis contra o acoso escolar que poderán darche ideas para o deseño do teu propio....serás quen de facelo? E xa sabes, TOLERANCIA 0 ANTE O ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario