É importante que enviemos mensaxes ás persoas que non podemos ver, extrañamos e/ou son importantes nas nosas vidas. Poden ser familiares, amigos/as, mestres/as,... Non vos pasou nestes días que nalgún momento do día vos lembrastes dalguén que vos apetecía ver pero que polas circunstancias non podedes? Ou mesmo acordarvos de cousas que podíandes facer en compañía desa persoa/s? Para elo a actividade voluntaria que vos propoño, consiste en buscar por casa algún bote de cristal ou doutro material, algunha caixiña ou mesmo contruír sobres con papel, o que vexames máis apropiado. Logo deberás pór por fóra para quen será ese boteciño, caixiña, sobre,...e dentro irás metendo mensaxes e/ou palabras que che gustaría dicirlle a esa persona para que logo cando exista a posibilidade de atoparte con ela, darllo.
LEMBRA: Se te animas a participar podes facer unha fotos do teu boteciño, caixiña, sobre,...(pero nunca das mensaxes que van no interior porque iso é privado) e logo enviala ó correo que aparece arriba á dereita e/ou senon a través do teu titor/a. Como vos sexa máis fácil!
E na seguinte imaxe interactiva tedes unha audiodescrición e un exemplo de cómo podedes facer. E lembrade,...o máis valioso na vida non é o que temos senon a quen temos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario