E chegou o cambio,... Toca pasar de 6º de Educación Primaria a 1º de Educación Secundaria Obrigatoria. Que nervios, que incertidume,... Estou segura que só de pensalo dentro de vós se producen moitas sensacións e emocións diferentes. Pero xa veredes, irá todo ben,...
A actividade voluntaria que vos propoño esta semana consiste en enviar preguntas das dúbidas que teñades destes cambio e que vos repostarán o alumnado, profesorado,... de Secundaria. É importante que antes de escribir as preguntas escoitedes e vexades a presentación que vos preparei, así como tamén algún exemplo de preguntas doutros/as alumnos/as que xa o fixeron. Agardo que participedes.

LEMBRA: Se te animas a participar podes facer unha foto das túas preguntas escritas a man para enviar ó IES, para as cales terás logo unha resposta. Podedes envialas ó correo que aparece arriba á dereita e/ou senon a través do teu titor/a. Como vos sexa máis fácil!

Algúns exemplos de preguntas serían as seguintes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario