martes, 23 de enero de 2018

CREAR AUDIOVISUAIS: EFECTO TIME LAPSE E VISUAL THINKING

Nesta ocasión ofrezco un audiovisual co efecto time lapse e combinado con visual thinking. Para a súa realización tiven que seguir 3 fases:
1º fase: elaboración dun guión escrito onde concretei cada unha das narracións que acompañarían a cada un dos debuxos.
2º fase: empreguei a cámara do móbil con trípode en modo motions efecto cámara rápida a 4x e tamén time lapse 2,5 min. Para a iluminación collín un flexo e  para o debuxo un folio e un bolígrafo grafo punta fina 0,4. Tamén e para fixar o folio á mesa pulen por tras un ataco de tira adhesiva por ambas caras. Aclarar que non empreguei ningunha liña de referencia nin no propio folio nin por tras do mesmo, sendo os debuxos a man alzada e tendo ó carón uns bocetos de referenza noutra folla. 
-3ª fase: para engadir o audio empreguei iMovie no iPad, xunto cun adaptador de micrófono (iRig pre), trípode, cable stage e un micro the t.bone SC 400. Dicir que en certos tramos do vídeo fixen varias tomas e tiven que readaptar a narración para a sincronización coa velocidade da ilustración. Por último subiuse todo isto ó canal de YouTube.
En principio pode parecer difícil pero este efecto para adaptar as explicacións combinado con debuxo é moi atractivo para empregar tanto dentro da Orientación como en calquera outra especialidade. 
Si ben é certo require esforzo e entrenamiento pero como se indica no vídeo o esforzo pode ser a clave do éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario