Ti podes ser quen de organizarte! Para elo podes crear un Bullet Journal.
Qué é isto? pois un sistema visual de organización do teu traballo.
É semellante a unha axenda persoal pero non é igual. Para elo tes que crear un caderno para todo o ano e/ou pola contra facelo só para programarte semanalmente para saber que tarefas e/ou que estudar.
O caderno e/ou follas semanais poderán ter un índice con diferentes apartados, que poderás distinguir logo por cores, empregando por exemplo marcapáxinas laterais. Sería algo así:
Dentro de cada un destes puntos do índice deberá ir logo nunha folla:
1. Organización e diario semanal
Para a organización semanal nun folio podes pór a data do inicio e fin da semana na parte arriba e logo pór cada un dos días e as actividades programadas considerando tamén a hora. Se rematas a tarefas podes pórlle unha marca, tachala ou algún símbolo que faga que te sintas satisfeito/a por rematala como por exemplo algún emoji.
2. Actividades pendentes
Nesta folla irás anotando nunha lista como da compra todo o que tes pendente por facer. Esta axudarache para saber que colocar na página anterior.
3.Calendario mensual
E no apartado de calendario mensual, podes pór unha folla similar á que se aporta. Isto tamén se pode realizar empregando ferramentas dixitais estilo Google calendar.
4. Outra información de interese
Poderás incluir algunha información extra que vexas importante para ti.
No hay comentarios:
Publicar un comentario